ESCOLA DE MÚSICA DA ASOCIACIÓN CULTURAL MUSICAL SEMENTEIRA DE NARÓN
A Escola de Música é unha escola de formación musical vinculada ás Bandas da Asociación. Nelas admítense a tódolos interesados e interesadas pola música, independientemente da idade e dos seus coñecementos musicais: pequenos, maiores, alumnado de conservatorio… Cando os docentes e directores o consideran oportuno o alumnado da escola incorporaranse á banda, ben sexa á Banda Infantil ou ben á Xove Banda de Narón.
A nosa oferta educativa ten un primeiro nivel dividido en dous cursos para os máis pequenos:
Procúrase un primeiro contacto pracenteiro coa música, ó tempo que se vai familiarizando ós alumnos cos conceptos básicos e esenciais da música.
Para nenos de 8 anos ou máis ofértanse clases de Linguaxe Musical, dende 1º ata 6º. Tamén se fai un grupo de clases de linguaxe musical para adultos, así coma outro grupo especialmente orientado ao alumnado de música tradicional do Padroado da Cultura do Concello de Narón. O alumnado pode acceder a clases de instrumento dende que cursan Iniciación a Linguaxe Musical.
Ofértanse clases individuais e personalizadas de óboe, frauta, clarinete, requinto, saxofón, trompeta, trompa, trombón, bombardino, tuba, percusión, violonchelo e contrabaixo.
A Asociación dispón de instrumentos para que se inicien os nenos e nenas e o seu préstamo é gratuito o primeiro curso, cunha cota de 10€/mes se o precisa durante os seguintes anos de aprendizaxe.

- Música e movemento, para nenos e nenas de 3, 4, 5 e 6 anos.
- Iniciación á linguaxe musical, para nenos e nenas de 7 anos.