|
A Xove Banda de Narón chegou recentemente a un acordo para participar de novo este ano 2025 nas procesións da Semana Santa Ferrolá, declarada de interese turístico internacional. Como vén sendo habitual, nesta ocasión continuamos acompañando algúns dos desfiles procesionais máis importantes da semana da man da Confradía do Cristo da Misericordia e a Virxe das Dores.
0 Comentarios
O último mes do 2024 estivo marcado pola celebración das audicións de Nadal na escola de música, a entrevista aos nosos directores que se publicou no Diario de Ferrol e o Concerto de Fin de Ano.
O 27 de decembro tivo lugar o tradicional Concerto de Fin de Ano, que contou coa colaboración da Escola de Actores e Actrices do Concello de Narón e dun coro participativo formado por alumnado do CEIP "A Solaina", alumnado e familias da nosa escola de música así como con dúas parellas de baile do Grupo de baile "Alxibeira" do Padroado da Cultura do Concello de Narón.
A atención ao público presencial na oficina da Asoaciación Cultural Musical Sementeira de Narón sita no segundo andar do Pazo da Cultura terá lugar os sábados pola mañá en horario de 9:30 a 11:30 horas, podendo concertar unha cita para outro momento da semana, segundo dispoñibilidade, a través do mail ou do teléfono da asociación.
|












